Skip to main content
Begonte

O Cercud de Baamonde organiza unha viaxe aos Ancares

Por 29 Marzo, 2022Sin comentarios

O Cercud de Baamonde organiza unha excursión aos Ancares dentro da programación da Deputación Coñece a túa provincia.

Esta actividade terá lugar os venres 8 de abril con saída da praza de Baamonde ás 9.15 horas.

A primeira visita será nun centro ou dependencia da Deputación de Lugo; ben no Pazo de San Marcos ou no Pazo de Santa Comba. A viaxe contempla a visita á aldea de Piornedo, Cervantes, a localidade de Navia de Suarna e a unha fábrica de embutidos.

A viaxe inclúe transporte, póliza de seguros de viaxeiros, entradas e menú de xantar e a inscrición pode realizarse a través da web deste organismo begontino. As prazas son limitadas.