Skip to main content
Guitiriz

A pista de pádel pode reservarse dende hoxe tamén as fins de semana

Por 19 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz decidiu abrir a partir de este sábado o proceso de reservas para facer uso da nova pista de pádel localizada na antiga nave do Senpa tamén as fins de semana. Para iso, os interesados ou interesadas deben chamar o teléfono 982 370 109 en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

A pista está delimitada por un peche acristalado e habilitouse unha zona de vestiarios e aseos. O forxado dos vestiarios leva unha segunda altura, que permitirá acoller nun futuro outros equipamentos deportivos como un ximnasio ou unha grada portátil.