Skip to main content
Vilalba

Abre o prazo hoxe para reservar praza na acampada do FIV

Por 4 Marzo, 2022Sin comentarios

O FIV, que se celebrará en Vilaba os días 22, 23 e 24 de abril, abre hoxe a reserva de parcelas para a acampada.

Nesta ocasións, a organización decidiu que a zona de acampada estivera no Estadio Roca, ao aire libre.

A reserva pode facerse a partir das 12.00 horas a través da páxina web, onde estará tamén toda a inforamción e a normativa para poder instalarse os tres días do festival.

Ademais, a organización pon a disposición dos interesados o correo camping@fivdevilalba.com para as consultas que se desexen facer.

Por outra banda, continúa á venda as entradas por día para os venes e o sábado ademais dos abonos para os menores de 0 a 12 anos.