Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba recibe as seis parcelas de Entrepinares no polígono para poñelas á venda

Por 18 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba recepcionou as novas parcelas de titularidade municipal no Polígono Industrial, rematando así a actuación urbanística do Plan de Sectorización promovido pola empresa Entrepinares en virtude da cal o Concello, segundo acordo da Xunta de Goberno Local o 14 de xuño de 2018, aceptou a cesión e pasou a ser propietario dos terreos.

En concreto, recepcionou seis parcelas para uso industrial cunha superficie total aproximada de algo máis de 7.000 m2 e unha superficie edificable de 5.615 m2; ademais, unha parcela de uso dotacional de 2.868 m2 cunha superficie edificable de 2.294 m2; unha parcela para aparcadoiro de 3.763 m2, e unha parcela para zona verde de 9.155 m2.

A fórmula elixida para a venda das seis parcelas de uso industrial será previsiblemente a subasta previa valoración dos terreos.

“Agradecemos a Entrepinares a forma de executar as obras; esta ampliación é unha oportunidade para as empresas interesadas en instalarse no polígono, creando ademais postos de traballo”, asegurou a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro.