Skip to main content
Axenda Caducada

A Sociedade de Pesca Río Navia volve celebrar a Festa da Troita en Navia de Suarna

Por 4 Abril, 2022Abril 15th, 2022Sin comentarios

A Sociedade de Pesca Río Navia volve celebrar a Festa da Troita en Navia de Suarna. Este festexo naceu da man deste colectivo como mostra de agradecemento á implicación dos seus socios. Este ano, tralo parón provocado pola pandemia, celebra a dúa décimo quinta edición.

A festa terá lugar o vindeiro 15 de abril, coincidindo, como xa é habitual, co venres santo. Haberá verbena e a tradicional degustación da paella xigante e outros manxares con este peixe do río Navia como protagonista.

Esta data caracterízase pola paella que se fai para 400 ou 500 persoas, tamén se pode degustar troitas, que se fríen na praza da festa e o doce típico, a rosca de Navia. Nos dous primeiros anos fíxose tamén churrasco pero posteriormente cambiouse pola paella.

A cea dará comezo ás 21.00 horas e ás 23.00 empezará a verbena que amenizará a cita.