Skip to main content
Lugo

Baralla: Ruta Baldraga-Baralla

Por 15 Abril, 2022Abril 16th, 2022Sin comentarios

Baralla é un municipio da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca dos Ancares e abarca 30 parroquias. Ata finais da década de 1970 chamábase Neira de Jusá ou Neira do Rei. Conta cunha ruta de sendeirismo moi sinxela.

A ruta circular que vai dende a praza do concello pasando por baldraga para volver ao punto de inicio conta cunha distancia de 2 quilómetros. A súa dificultade é baixa e pode realizarse andando ou na bicicleta.

Haberá que saír da praza, onde se pode ter aparcado o coche e onde hai sitios para comer e tomar algo antes ou despois de realizar a ruta. Situados na parte superior da praza, estando mirando cara a fonte collerase á dereita, pasando por diante do bar Vilarpunteiro iniciando o paseo.

Xa na estrada que leva a Gundían e Vilarpunteiro, seguirase sen abandonar aínda que se bifurque (en caso de dubida collerase o ramal da dereita). Despois de pasar a última casa que se ve á dereita, aparece o cruce que leva a Constantin (durante este traxecto poderanse ver as casas e o pobo á esquerda – a 1 quilómetro está o seu muíño), non se colle, a uns 50 metros abandonarase a estrada (aquí haberá unha curva á esquerda) e tomarase un camiño á dereita (levarán andado 700 metros), comeza o camiño, en subida. Ao rematar a mesma hai unha bifurcación á esquerda que non se debe tomar.

O camiño continua atravesando hortas e ofrecendo unha bonita vista de Baralla e de Arroxo (coa autovía e o seu ponte diante), así como dos montes que rodean á vila de Baralla, coas súas masas de castiñeiros e carballos. Cando levan andado sobre 1.100 metros aparecerá outra bifurcación onde se tomará o camiño da dereita (dos dous camiños que levan a dereita collerase o principal, o segundo que aparece na ruta), o camiño inicia a baixada que acaba xa nas rúas da vila, (a esquerda o camiño leva ao mercado gandeiro, ao pavillón municipal e ao campo de fútbol) collerán á dereita e continuando a rúa chegarase a un cruce, collerase á dereita e a poucos metros estará de novo a praza.

Polo municipio de Baralla móvense, entre outras moitas, especies tan emblemáticas como aguia culebrera, herrerillo capuchino, falcón pelegrino, avión roquero, aguilucho cenizo, pito real, garza real, teixugo común, raposo, londra europea, marta, xabaril, gineta ou gato almizclero, desmán dos Pireneos, corzo, lobo, boga do Douro, anguía, lagartixa galega, etc. Polo que poderedes atopar calquera destes animais durante a ruta.