Skip to main content
Lugo

Dan comezo as obras de renovación do parque infantil da rúa Río Mandeo

Por 29 Abril, 2022Sin comentarios

Comezan as obras de renovación integral do parque infantil da rúa Río Mandeo, que suporá a modernización das instalacións para que sexan máis atractivas, versátiles e integradoras.

Dando así resposta a unha das demandas veciñais da zona xa que o parque necesitaba unha clara mellora, e así tamén o detectou o estudo previo que se fixo do estado de todas as áreas infantís da cidade para realizar o plan de mellora, seguindo o concepto de espazos modernos e innovadores, que estan agora a executar. O prazo de execución será dun mes e medio.

Ademais dos cambios dos xogos, que incluirá casa bosque con tobogán, balancín e columpios, a actuación contempla a instalación de chan continuo de caucho e de cores, material máis cómodo e seguro para os pequenos, e irá pechada cun valado de madeira. Todo completamente novo co fin de mellorar substancialmente no só a área de xogos senón a confortabilidade dos usuarios.

O Concello tamén implementará neste parque xogos incluídos no mesmo pavimento de caucho co fin de incrementar a oferta de lecer para os nenos e nenas. A substitución da clásica área ou céspede artificial por este material levouse a cabo por vez primeira no recentemente inaugurado parque infantil da Avenida das Américas, e tamén se aplicará no parque infantil de San Roque, no que está tamén actuando nestes intres.

Na actualidade existen 80 áreas recreativas para o uso e goce da cidadanía, que son inspeccionadas periodicamente por persoal técnico do Concello co fin de garantir o seu correcto mantemento e de implantar melloras, máis dun 20% foron rehabilitados ou construídos durante o mandato de Lara Méndez