Skip to main content
Sober

Éxito de participación na XLII Feira do Viño de Amandi

Por 11 Abril, 2022Abril 12th, 2022Sin comentarios

Os veciños de Sober e aqueles achegados e interesados do viño puideron desfrutar esta fin de semana da Feira do Viño de Amandi, a primeira feira do viño da Ribeira Sacra. En total participaron 23 adegas do Concello de Sober.

A cita volveu á súa data orixinal o sábado e domingo de ramos, desta forma, o sábado daba comezo ás 11.30 co disparo de bombas de palenque, durante esa mañá houbo un discurso de benvida e lembranza e ás 12-15 unha actuación musical. Xa pola tarde comezou a precata oficial na sala de catas da oficina municipal de turismo mentres que na rúa actuaba un grupo de música tradicional. Ás 18.00 actuou a banda de música de Sober, a Charanga Louband e os Gin Tonic’s.

O domingo repetíronse as bombas de plenque, nesta ocasión lanzáronse 23 (unha por cada colleiteiro participante), actuou a Charanga NBA, o pasarrúas coa banda de música da vila e deu comezo a cata oficial mentres que se celebrara a misa. Case ao mediodía actuou a Banda de Música de Sober, Chechu Salgado deu o pregón e fíxose a entrega de premios da cata. A tarde-noite foi amenizada pola Chanranga NBA e a orquestra Los Satélites.

GAÑADORES CATA

  • Rosado: Regina Viarum Rosae 2021
  • Branco: Imbrice 2021
  • Tinto Xoven: Rectoral de Amandi Mencía 2021, Rectoral Gundivós Amboa 2021, Don Bernardino Mencía 2021
  • Outra añadas: Don Bernardino 4Generación 2018