Skip to main content
Sober

O Goya de Chechu Salgado visitou o Concello de Sober

Por 13 Abril, 2022Abril 14th, 2022Sin comentarios

Chechu Salgado, pregoeiro da pasada Feira do Viño de Amandi, aproveitou a súa visita ao Concello para amosar o seu recoñecemento como mellor actor revelación por ‘Las Leyes de la frontera’ para compartir o seu éxito cos veciños de Sober.

O pasado 12 de febreiro, o actor recibiu o premio Goya que amosou ao Concello de Sober.

Ademais desta interpretación Chechu Salgado ten participado en series galegas de gran renome, como Serramoura, na serie de Antena3 Fariña, en Servir y Proteger, de TVE ou en Patria, de HBO. Na actualidade está rodando unha serie en Galicia.

O Concello de Sober quixo recoñecer o traballo que o actor está facendo no mundo audiovisual “no que aínda lle quedan moitos éxitos que colleitar”.