Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O PSOE de Castro de Rei demanda paneis informativos nas paradas de bus

Por 5 Abril, 2022Sin comentarios

O voceiro Socialista de Castro de Rei, José Luis Castro Tellado avanzou que demandará no vindeiro o pleno “que se coloquen paneis informativos ao longo das paradas da vila para informar á veciñanza e aos visitantes dos horarios así como das liñas de autobuses”.

Así o dixo, tras escoitar queixas dos usuarios que utilizan o transporte público para trasladarse pola provincia, e que comproban que non existe nin horarios nin ningún tipo de información sobre as liñas que transcorren polo Concello.

O voceiro remarcou que “si queremos incentivar que a veciñanza use o transporte público, dende o Concello debemos facilitar na medida do posible toda a información relacionada sobre cales son os horarios, onde están as paradas así como as compañías que prestan servizo en Castro de Rei, e que transcorren pola nosa vila”.

“Presentamos esta proposta para mellorar os nosos espazos públicos e para que tódolos visitantes poidan levar unha imaxe positiva da nosa vila”, dixo Castro Tellado. Ademais lembran que na pasada sesión plenaria xa se solicitou a limpeza e o adecentamento das marquesiñas da vila.