Skip to main content
Guitiriz

O Pleno de Guitiriz rexeita a proposta do BNG para impulsar o aproveitamento solar

Por 1 Abril, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz impulsou no pleno municipal unha proposta para aplicar unha redución dos impostos municipais e fomentar a instalación de sistemas de aproveitamento solar. A proposta foi rexeitada cos votos en contra do PSOE e a favor do PP e BNG.

En concreto, a medida propón bonificar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun 50% durante 5 anos e o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) nun 50%.

“Esta medida pretende fomentar o autoconsumo enerxético e aliviar o custo económico que supón a instalación destes sistemas” sinalou o concelleiro do BNG, Xosé Lois González “Pereira”

O concelleiro do BNG engadiu “a instalación de paneis solares ou outras tecnoloxías deste tipo, supoñen un aforro considerábel na factura da luz, tanto en vivendas particulares como nas empresas e explotacións gandeiras”

Xosé Lois González “Pereira” destacou que esta medida contribúe á sostibilidade do Planeta “temos que ser menos dependentes na enerxía, por isto, desde as institucións temos que pór mecanismos para contribuír a soberanía enerxética e mellorar a continuidade da Terra”

Medidas ante a inflación

O BNG tamén presentou no pleno unha batería de medidas urxentes para frear os efectos da brutal subida de prezos. Algunha delas son: a compra pública de pensos para garantir a subministración, subir as pensións e salarios máis baixos ou a baixada selectiva do IVE dos alimentos e servizos básicos.

Esta moción tamén foi rexeitada malia os votos a favor do PP pero coa oposición do equipo de Goberno.