Skip to main content
Vilalba

Vilalba celebra a próxima fin de semana unha feira de oportunidades

Por 4 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Vilalba volverá contar a próxima fin de semana con feira, nesta ocasión será a IV Feira de Oportunidades, que se prolongará sábado e domingo na praza da Constitución organizada pola Asociación de Empresarios Sete Pontes.

O horario da feira será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e os visitantes poderán atopar na mesma importantes descontos nos productos dos comercios participantes.

Haberá tamén talleres para nenos e nenas, o sábado de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00h. a 20:00h, dirixidos por Minerva Educación.

Nesta feira das oportunidades estarán presentes Acheite, As Nubes Moda Carapuchiña Vermella, Cárber Moda, Lanas y Corsetería Pingüin, Luis Castro, Maymar, Mobelrías, Novalux, O Gato con Botas, Peluquería Celia, Retoños, Texas y Zokos.