Skip to main content
Vilalba

Continúan este mércores os obradoiros da biblioteca de Vilalba

Por 19 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba continúa este mércores coa programación do mes de abril da Biblioteca Municipal, cunha proposta de actividades para as diferentes franxas de idade. O programa está organizado pola Biblioteca Municipal en colaboración coa Escola de Teatro do Concello de Vilalba.

O goberno local busca con esta programación continuar promocionando as diferentes actividades culturais no municipio, cunha oferta que une á lectura con outras propostas culturais.

A rapazada de entre 4 e 11 anos terá a súa actividade o mércores 20 de abril, co xogo de pistas Misterio na biblio. A proposta inclúe un misterio a resolver polos participantes, cunha tarde chea de historias monstruosas, xogos e moitos enigmas. Neste caso, o prazo de inscrición será do 5 ao 20 de abril e haberá dúas quendas, unha ás 17:00 para maiores de 4 anos, e outra ás 18:00 para maiores de 7 anos.

Por último, o público adulto poderá gozar deste programa o mércores 27 de abril coa representación teatral Sin-paghar. Nesta obra, a actual crise económica e social xunta na Biblioteca Municipal ás causantes dunha rebelión no supermercado da vila, corpos de seguridade, “mileuristas” que non chegan a fin de mes,  embarazadas por xeración espontánea e maridos escandalosamente honestos e cumpridores das leis. Todo un absurdo que fará as delicias dos espectadores nesta adaptación da obra “Aquí no paga nadie” de Dario Fo. As inscricións realízanse do 18 ao 27 de abril.

As solicitudes de inscrición das actividades realízanse no mail: vilalba.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono 982512232 ou por WhatsApp no 626399329. Na primeira o prazo remata o mesmo 20 de abril.