Skip to main content
A Pontenova

83 inscritos na I Media Maratón das Minas da Pontenova que será mañá

Por 28 Maio, 2022Maio 29th, 2022Sin comentarios

A Asociación As Minas da Pontenova e o Concello organizan a I Media Maratón das Minas de A Pontenova, unha proba que se celebrará  o domingo 29 de maio de 2022 e que conta con 83 inscritos.

A proba transcorrerá pola zona das antigas minas e a saída e meta será na praza dos Fornos e será saída ás 10.00 horas e constará de 21 quilometros aproximados e percorrerá camiños de terra e pistas, e estará pechado a todos os vehículos excepto os autorizados pola organización.

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira así como unha medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e femenina. A entrega de premios será en na praza dos Fornos, aproximadamente, ás 13.00 horas.

Os participantes na carreira poderán desfrutar dun pequeño agape ao rematar a carreira mentras se realiza o acto de premiación.

Para máis información haberá que consultar a web de carreiras galegas.