Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón

Por 10 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. Será o venres 13 ás 17.00 horas na casa da cultura de Alfoz.

É unha actividade dirixida a público adulto e servirá para aprender a reutilizar o aceite de cociña usado e darlle unha nova vida como xabón, actividade tradicional que queremos recuperar e con ela concienciar da importancia da correcta separación de residuos e o seu depósito no lugar axeitado os contedores de aceite municipais ou mellor aínda, a súa reciclaxe.

Este curso conta con prazas limitadas e para máis información e inscricións haberá que chamar ao teléfono 982 558 001 ou achegarse ata a Casa do Concello.