Skip to main content
Axenda Caducada

Teatro e unha feira de produtos, en prol do comercio xusto en Lugo

Por 3 Maio, 2022Maio 6th, 2022Sin comentarios

O comercio xusto chega a cidade de Lugo da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, a cidade acollerá a feira co mesmo nome no que se ofrecerán produtos de comercio xusto e que terá lugar o vindeiro 6 de maio na praza Maior entre as 17.00 e as 20.30 horas. Aos asistentes á feira ofreceráselles a posibilidade de achegarse á realidade que existe detrás dalgúns dos alimentos de consumo diario como azucre, cacao ou café.

A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixes, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans. Ademais os asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.

Esta feira estará precedida, un día antes, polo espectáculo teatral Vaia Tea! na sala Clavicémbalo ás 19.30 horas. A entrada é de balde, pero haberá que reservala enviando unha mensaxe ao enderezo electrónico do colectivo: info@solidaridadgalicia.org. Da man da compañía Xucrut Teatre, a obra, pretende achegar aos espectadores a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.

Ademais durante o mes de abril traballaron con 400 alumnos do IES Lucus Augusti o concepto de consumo consciente e as consecuencias que ten o noso consumo a nivel social e medioambiental e reflexionamos sobre as desigualdade e os desequilibrios que crea un modelo de consumo sen límites e sen cuestionamentos éticos.

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada polo Concello de Lugo, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todos.

O Colectivo

Solidariedade Internacional de Galicia é unha organización formada por persoas que levan máis de dúas décadas traballando na comunidade e que entenden a solidariedade como unha forma, de estar no mundo. A través das súas iniciativas, actúan promovendo a solidariedade da sociedade galega para un desenvolvemento compartido cos países do Sur.