Skip to main content
Axenda Caducada

O servizo comarcal de prevención de drogas organiza un encontro on line para familias

Por 7 Maio, 2022Maio 30th, 2022Sin comentarios

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixidos a nais e pais para abordar a prevención do consumo de drogas en menores dende o ámbito familiar.

Este obradoiro será impartido de xeito online ( a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla Psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento de parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse contidos sobre adolescencia e pre-adolescencia; as condutas de risco na adolescencia; as drogas: conceptos, tipos, efectos e riscos; competencias parentais na prevención de adiccións a substancias e pautas a implementar como nais e pais.

O curso terá lugar o 30 de maio de 2022, de 17.00 a 18.30 horas.

A inscricións ten que realizarse a través deste enlace: antes do 26 de maio. As persoas interesadas en obter máis información poden faleco a través do Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade; no mail prevenciondrogas@rabade.org ou no teléfono 982390062 ( Maria Barreiro).