Skip to main content
O Corgo

O Corgo adiántase ás Letras Galegas cunha actividade mañá na Biblioteca

Por 14 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello do Corgo organiza para mañá unha xornada festiva de homenaxe ao escritor Florencio Delgado Gurriagán, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Con motivo desta efeméride e, a través do Proxecto CORGORAL, o concello organiza varias actividades que terán lugar na biblioteca do Punto de Atención á Lectura.

O programa comeza ás 18.00 horas coa presentación do libro O caso das Amantes de París de Miguel Alonso. Estára seguido pola presentación do Adiviñanceiro tradicional do Corgo publicado polo propio Concello co gallo do Día das Letras Galegas. A presentación será feita polo antropólogo Lois Ladra, técnico de cultura responsable do Proxecto CORGORAL. A publicación municipal reúne máis de 130 adiviñas e trátase do segundo adiviñanceiro municipal publicado ata hoxe.

Tralas presentacións, haberá un concerto a cargo de Miguel Alonso que alternará ritmos pop e rock con sons propios de cantautor. O punto final poñeráo un recital poético que contará con Irene Quinteiro, Morte de Rei (Ramiro Vidal Alvarinho e Pedro Campos), Manuel López Rodríguez e Alberte Momán Noval