Skip to main content
O Corgo

Coidados porta a porta chega en xuño ao Corgo

Por 22 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello do Corgo contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 9, 10 e 13 de xuño. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado no Centro de Saúde da localidade, segundo informa o Goberno local.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer no teléfono 622 748 283.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).