Skip to main content
Lugo

Uns 60 negocios danse cita mañá no ‘Comercio na Rúa’

Por 5 Maio, 2022Sin comentarios

Uns 60 comercios da cidade de Lugo volverán sacar mañá os seus produtos ás rúas para ofrecer ao público os mellores descontos. Así, organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo, dende ás 10.30 ata ás 20.30 horas, os viandantes poderán mercar nas mellores tendas da cidade a prezos moi reducidos e é que, dende o colectivo, avanzan que haberá descontos de ata o 70%.

Moda, complementos, produtos para fogar ou papelería son só algúns dos produtos que os comerciantes sacarán ás rúas da capital.

A maioría dos negocios participantes neste ‘Comercio na Rúa’ situarán os seus postos repartidos polo Centro Histórico; con todo, a avenida da Coruña e San Roque contarán tamén con comercios vendendo na vía.