Skip to main content
Lugo

Xubilados de Lugo chaman á unión de todo o colectivo para “facer forza”

Por 7 Maio, 2022Sin comentarios

Xubilados de Lugo veñen de facer pública unha recollida de sinaturas para facer un chamamento á unidade dos diferentes colectivos e entidades que engloban a pensionistas en todo o Estado.

A través dunha plataforma dixital, os xubilados lucenses pretenden a unión de todos os colectivos para “poder presionar sobre todos aqueles dereitos que pouco a pouco imos perdendo”.

Ademáis, chaman aos 9 millóns de persoas xubiladas e pensionistas que hai no Estado para “unirse, baixo o nome que sexa, pero libres, independientes”. E é que non queren asociarse a ningunha bandeira ou ideoloxía.

“Podemos arranxar os abusos da banca, as carencias e eternas agardas da sanidade pública, as trabas das administracións para poder facer unha consulta presencial, os problemas de cada día que acucian e arrinconan ás persoas maiores”, conclúe a petición.