Skip to main content
Lugo

O peditorio da AECC saíu hoxe as rúas co apoio das institucións

Por 12 Maio, 2022Maio 15th, 2022Sin comentarios

A Asociación contra o Cancro (AECC) sacou hoxe ás rúas as súas mesas de peditorio na súa tradicional campaña anual de cuestación que se celebra cada segundo xoves de maio.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron esta mañá a mesa informativa e de cuestación que instalou o colectivo lucense na Praza de San Marcos.

O obxectivo desta iniciativa enmárcase nunha campaña dirixida á sensibilizar e a recadar fondos para apoiar aos doentes e ás súas familias e a investigación desta enfermidade. A Deputación colabora coa AECC de Lugo cunha achega económica de 8.000 euros ao ano e tamén financiou o equipamento do novo local da asociación na capital lucense cun importe de 12.000 euros.

Doutra banda, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou outra das mesas de peditorio, situada na entrada do edificio da Subdelegación, onde resaltou o labor fundamental de apoio ás persoas enfermas de cancro e ás súas familias que leva a cabo o colectivo, así como a súa implicación na investigación desta doenza.