Skip to main content
Lugo

O BNG agarda o xulgado de violencia de xénero

Por 27 Maio, 2022Sin comentarios

O BNG está “atento e vixiante” no cumprimento do acordo para a creación do xulgado de violencia de xénero en Lugo. Así o expresaron logo da xuntanza de seguimento do acordo de investidura entre o deputado nacionalista, Néstor Rego, e membros do PSOE.

“Esta foi unha das demandas que o BNG impulsou no acordo de investidura do Goberno do Estado, tras un periodo longo de traballo realizado con campañas de mobilización social e nas institucións para acadar este xulgado específico” declarou Elvira Lombao, responsable nacional da comisión de acción feminista do BNG.

Elvira Lombao valorou de forma “positiva” a xuntanza de seguimento do acordo de investidura respecto á creación deste xulgado especifico, no que destacou “continuaremos atentas, vixiantes e insistentes en que se cumpra este acordo acadado co BNG, é unha obriga que Lugo conte canto antes con este xulgado”.

O BNG considera que este servizo debe estar enfocado na comarcalización, no que se acolla todos os casos que se produzan en Lugo. Así, facendo posible unha atención próxima ás vítimas e reducir a perturbación que o proceso xudicial implica.