Skip to main content
Lugo

Coidemos Lugo sae ás rúas de Fingoi

Por 30 Maio, 2022Sin comentarios

O movemento social Coidemos Lugo volveu saír ás rúas esta fin de semana para concienciar sobre a importancia de coidar a cidade. Natureza, patrimonio e, en definitiva, o planeta, melloran a súa imaxe grazas á xuntanza da cidadanía.

Desta volta, foi o barrio de Fingoi o que se beneficiou do paso do movemento cidadán.

No seu camiño, coincidiron coa Fundación Breogán que lles convidou a dar unha pequena charla aos máis pequenos.