Skip to main content
Lugo

División na corporación lucense tralo Lugo Máxico

Por 30 Maio, 2022Sin comentarios

Remata unha intensa fin de semana de maxia en Lugo e moitas son as valoracións trala celebración das distintas galas. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, área organizadora do festival valorou como un éxito o Lugo Máxico 2022.

Ferreiro afirmou que “as máis de 3500 persoas que asistiron ás distintas actividades do Lugo Máxico demostran que a actividade foi un éxito”. A concelleira de Cultura explicou que “durante toda a semana Lugo encheuse de maxia, con distintas actividades no HULA, nos centros escolares e nos vieiros escolares, recentemente habilitados pola concellería de Educación no Colexio de Albeiros”.

As tres galas organizadas dentro do Lugo Máxico, durante a fin de semana na praza Horta do Seminario, recibiron en total 1500 visitantes, mentres que a feira dos Imposibles, que se situou na praza Anxo Fernández Gómez o sábado 28, pechou con 2000 visitantes. Durante a fin de semana do Lugo Máxico achegouse a Lugo unha selección das mellores magas e magos do panorama estatal, entre os que destacan o Mago Orbit, Marcos Waldemar e Nacho Samena ou o portugués David Sousa.

Oposición

Pola contra, o Partido Popular criticou a organización deste festival que “en vez de manter o nivel que alcanzou o Lugo Máxico recortara, por capricho, o número de
días e rebaixara as expectativas do público prescindindo de contratar a actuacións de taquilla”. Así  o din despois de que o Goberno rebaixara de seis a tres días a duración do Lugo Máxico e lamentaron a supresión da habitual gala do Gustavo Freire “coa escusa de que todo debe ser de balde”.

Neste senso, os populares anunciaron que farán un seguimento das contratacións deste evento xa que se detectaron irregularidades como a concesión a dedo da carpa da Horta do Seminario que xa estaba montada mentres que ainda estaba aberto o prazo para a súa adxudicación.