Skip to main content
Sober

Sober será o escenario este sábado dunha exhibición de ximnasia rítmica do Kendra monfortino

O pavillón polideportivo de Sober vai a ser o escenario este sábado 28 de maio a partires das 17.00 horas dunha espectacular exhibición de ximnasia rítmica a cargo do Club Rítmica Kendra monfortino.

A iniciativa, organizada pola entidade monfortina coa colaboración do Concello de Sober, servirá para promocionar e dar a coñecer a ximnasia rítmica entre os máis xoves. Así, poderán disfrutar en directo cos espectáculos dos rapaces e rapazas do Kendra, que veñen de realizar un gran papel no Campionato Provincial celebrado en Sarria, conseguindo a clasificación para o Campionato Galego en idade escolar do prebenxamín A e B e do infantil. Mentres, na categoría de promoción clasificáronse o prebenxamín, o benxamín, o alevín A e B e en individuais lográrono Marta García, Valeria Guitián, Lucía Rodríguez, Area Sánchez e Cayetana Rodríguez.