Skip to main content
Sarria

O documental ‘Mulleres de Sarria’ chega esta semana ós colexios da vila

Por 10 Maio, 2022Maio 18th, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria proxecta esta semana en seis centros educativos da vila Mulleres de Sarria, un documental realizado por Coeduca e impulsado polo propio Concello, para promover a igualdade de xénero.

A historia de Pilar, Belén, Carmen, Teresa, Rosario e Milagros, seis mulleres reais, veciñas de Sarria, que protagonizan o documental, puido verse o día 9 no instituto Gregorio Fernández e o colexio Frei Luis de Granada. O día 11 proxectarase no CEIP Antonio Fernández López de Oural e o IES Xograr Alfonso Gómez e o día 13 nos colexios de La Merced e La Asunción.

O alumnado de sexto de primaria e primeiro de ESO visualizará o documental no que estas seis mulleres con vidas, circunstancias e idades moi dispares, dende os 20 aos 88 anos, acercarán aos xoves espectadores as súas vidas e experiencias ao mesmo tempo que da a súa opinión sobre a igualdades, os avances nesta materia e o moito que falta aínda por conseguir.

Os estudantes destes centros educativos terán tamén a interesantísima posibilidade de falar coa responsable técnica do proxecto e con unha das mulleres que o protagoniza.