Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalbés comeza unhas xornadas de portas abertas para a base

Por 22 Maio, 2022Xuño 24th, 2022Sin comentarios

O Rácing Vilalbés organiza unhas xornadas de portas abertas durante todo o mes de xuño que teñen como obxectivo mostrar a dinámica dos adestramentos das categorías inferiores e reforzar o equipo de cara á proxima tempada.

A actividade está dirixida a menores de catro a 16 anos, que corresponde ás categorías desde prebenxamín, bexamín, alevín, infantil e cadete.

O prazo para anotarse remata o 29 de maio e o tempo de xornadas de portas abertas será do 30 de maio ao 24 de xuño.

En caso de non ter licenza federativa, tramitarase unha temporal para participar nestas xornadas. Para máis información, pódese chamar ao 661 049 270 (Freire).