Skip to main content
Guitiriz

A Aula CeMIT de Guitiriz inicia este mes un ciclo de charlas sobre xestións en liña

Impartiranse un total de seis sesións informativas con nocións para mercar de xeito seguro na rede ou para a realización de diversos trámites.

A aula CeMIT de Guitiriz acollerá neste mes de maio un ciclo integrado por seis charlas nas que se divulgarán nocións sobre diversos procedementos en liña.

O programa dará comezo o martes, 3 de maio, cunha sesión de 10.30 a 12.00 horas, onde se achegará información para empregar a banca dixital dunha forma segura, e, nesta mesma liña, o xoves, 5 de maio, en horario de 12.00 a 13.00 horas, terá lugar a segunda cita, na que se abordarán os novos métodos de pago entre os que se inclúen bizum, pago por móbil, tarxeta revolving e as criptomoedas.

O ecuador do ciclo chegará o luns 9 de maio cunha nova charla onde se porá sobre a palestra consellos para mercar de xeito seguro na rede. A cita terá lugar desde as 10.30 ata as 11.30 horas.

A programación retomarase o mércores 18 cunha ponencia para abordar o papel da publicidade, de 12.00 a 13.00 horas e un día máis tarde, o xoves 19, de 10.30 a 12.00 horas, será quenda para coñecer máis de preto o emprego e a utilidade do DNIE, o certificado dixital e o sistema cl@ve.

O martes 24 de maio pecharase o ciclo cunha sesión para facilitar a realización de xestións en liña coa administración pública, en horario de 10.30 a 12.00 horas.

Inscricións

As prazas para acudir ás charlas serán limitadas polo que as persoas interesadas deberán anotarse previamente chamando ao 982 370 062 ou a través do correo cemit.guitiriz@xunta.gal.