Skip to main content
Vilalba

O Iescha organiza unha excursión a Taboada e Chantada

Por 9 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), dentro do Programa Coñece a túa Provincia 2022, convocado pola Deputación de Lugo organizou unha viaxe, terá lugar o xoves 26 de maio de 2022, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,15 para coñecer Taboada e Chantada.

A excursión comezará cunha visita ao Pazo de San Marcos, sede da Deputación antes de iniciar o programa da ruta que consistirá na visita á igrexa de San Pedro de Bembibre ou á igrexa de Taboada dos Freires e á área recreativa de Ponte Mourulle (Taboada), casco histórico de Chantada, igrexa de Nogueira de Miño (Chantada) e a unha adega.

A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante. O xantar é un menú pechado cun primeiro e segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o propio día da excursión).

O Instituto de Estudos Chairegos abriu un prazo de inscrición para socios e socias do Iescha e outras persoas que desexen participar na referida viaxe ata o 13 de maio. Esta pode facerse a través do correo estudoschairegos@gmail.com.