Skip to main content
Vilalba

O Iescha fixo un reparto gratuíto de libros nas Letras Galegas

Por 19 Maio, 2022Sin comentarios

O Día das Letras Galegas, pola mañá, celebrouse no espazo Manuel María un reparto de balde de libros editados polo Instituto de Estudos Chairegos.

O lugar escollido foi ao pé da Casa da Cultura que o Iescha tiña solicitado que levara  o nome do escritor, medida que foi rexeitada polo Pleno cos votos en contra do PP.

Máis de 200 exemplares foron recollidos polas persoas que pasaron por alí e se viron sorprendidos por esta inédita e sorpresiva solta de libros.

A Liberación das Letras Galegas é un primeiro paso do reparto gratuíto de libros do Iescha estar primavera nas bibliotecas públicas, residencias de persoas maiores e centros de día, centros educativos públicos existentes nos 9 concellos que forman a Terra Chá.

Se algunha entidade privada da Terra Chá (asociacións culturais, asociacións de veciños e outras) quere participar nesta recepción do agasalllo de libros, non ten máis que facer a solicitude no correo electrónico: estudoschairegos@gmail.com.