Skip to main content
AlfozDeportes AMARIÑAXAO Valadouro

Os Fandangueiros organizan o III Descenso en kaiak polo río Ouro

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

O próximo 26 de xuño a comparsa Os Fandangueiros organiza en colaboración cos concellos de Alfoz e O Valadouro o III Descenso en kaiak polo río Ouro.

O itinerario previsto será con saída ás 10.30 horas da depuradora de Carballido, para trasladarse en bus a Centoi e entregar o material de inicio da actividade que inclúe a inscrición os cascos, chalecos salvavidas, remos e kaiak.

Á chegada haberá unha entrega de medallas, bocadillos e bebida para os participantes. Dende a organización lembran que haberá unha carpa para o xantar, aseos e vestiarios, así como, un servizo de bar con bocadillos quentes.

Para  participar será necesario inscribirse chamando a Laura ao 679 56 61 11 ou Natalia ao 603 67 06 61. A sata límite de inscrición 23 de xuño.

Esta actividade é para maiores de 10 anos e os menores de idade deben ir acompañados dun adulto.