Skip to main content
Viveiro

Viveiro aproba uns orzamentos para o 2022 de 13,4 millóns de euros

Por 17 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro aprobaou os Orzamentos Municipais para o exercicio 2022, grazas á abstención da concelleira do BNG, por un importe de 13,4 millóns de euros.

Segundo o edil de Facenda, Jesús Fernández, “son uns orzamentos con pouca marxe de manobra pola amortización da deuda” e engadiu que “seguen mantendo as políticas sociais, educativas e culturais ao tempo que se vai reducindo esta deuda”.

Fernández informou de que os investimentos reais ascenden a 300.000 euros e de que seguirán as exencións das tasas das terrazas para os hostaleiros e as axudas a clubs e asociacións para a realización de eventos.

Pola súa banda, o PP de Viveiro di que os orzamentos municipais chegan “medio ano tarde, carecen de investimentos e non recollen nin un proxecto novo para o municipio”. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, considera inxustificable a abstención do Bloque, “despois de asegurar que eran uns orzamentos irresponsables”, e lamenta que non figure nin un euro para saneamentos na zona rural.