Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAViveiro

O Panadería Covas de Viveiro organiza unha xornada de balonman na rúa

Por 19 Xuño, 2022Xuño 22nd, 2022Sin comentarios

O Club de Balonmán Panadería Covas de Viveiro organiza o mércores 22 de xuño a segunda xornada de balonman na rúa para dar a coñecer este deporte.

A zona de actuación deportiva será a explanada situada ao lado do circuito saudable do parque infantil de Viveiro, enriba do parking subterráneo, preto do Hotel Urban.

O horario de participación será de 16.00 a 20.00 e está aberto a todos os nenos e nenas que queiran probar e participar.

E para participar será necesario inscribirse no seguinte enlace. Para máis información haberá que chamar ao teléfono 637 986 287 ou escribir un correo a viveirobalonman@gmail.com.