Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada abre o prazo para inscribirse no Concurso de Tapas

Por 3 Xuño, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada vén de convocar a novena edición do Concurso de Tapas da localidade. Unha actividade que nace co fin de incentivar o bo facer culinario dos hostaleiros contribuíndo a promocionar e potenciar a actividade do sector da restauración.

Con esta convocatoria o concello abre o prazo de inscrición para todos os establecementos hostaleiros situados na localidade sexa cal sexa a súa modalidade: bar, cafetería, taberna ou restaurante.

Os día de celebración do concurso fixados polos hostaleiros serán do martes 21 ao sábado 25 de xuño de 2022. O horario do certame será de 19:30 a 23:00 horas.

A inscrición ao concurso é de 25 euros e realizarase por escrito no formulario de inscrición, sendo necesario cubrir todos os datos. Devandito formulario deberá rexistrarse na Casa do concello no prazo do 2 ao 9 de xuño de 2022 xunto co xustificante da entidade bancaria indicando no concepto o nome do establecemento e Tapas 2022.

As bases e o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina web municipal.