Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo publica as listaxes definitivas das escolas infantís

Por 5 Xuño, 2022Xuño 7th, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou da publicación das listaxes definitivas de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas polo Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “continuamos avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, coa apertura do prazo de matrícula”.

O prazo de matriculación nas escolas estará aberto entre o luns 6 de xuño e o venres 17. As listas definitivas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.

A rede de escolas infantís municipais está formada por catro escolas distribuidas por toda a cidade. Neste ano, como novidade, aplícase a gratuidade da atención de todas as crianzas, sen importar se teñen ou non irmáns/ás. “Agardamos que no próximo curso poidamos retomar a normalidade sanitaria, co que se recuperarán os horarios e as actividades previos á pandemia”, afirmou Felipe Rivas.