Skip to main content
Lugo

Tomé homenaxeado na súa primeira visita institucional ao Club Fluvial de Lugo

Por 9 Xuño, 2022Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, vén de recibir a máxima distinción do Club Fluvial de Lugo tras asinar no Libro de Ouro da entidade.

O mandatario provincial visitaba hoxe as instalacións fluviais xunto ao presidente da entidade, Modesto Teijeiro Valledor, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Trátase da primeira visita institucional do mandatario provincial a este centro deportivo carón do río Miño. José Tomé asegurou que “é unha verdadeira honra que pensaran en min para recibir este recoñecemento”.

Nesta visita, percorreu as instalacións que serven de espazo de adestramento tamén para os deportistas que acumulan as preto de 650 licencias nas catro seccións deportivas da entidade: piragüismo, natación, tenis e atletismo. Un dato que referencia “o compromiso, o traballo e o ánimo para seguir adiante da directiva e do conxunto das persoas que forman parte desta institución”, afirmou o presidente.

“Dende a Deputación desexamos seguir mantendo unha relación boa e fluída co Club Fluvial de Lugo”, sinalou Tomé Roca, ao tempo que trasladou o seu compromiso para seguir traballando xuntos no desenvolvemento e no progreso da provincia de Lugo.

A Deputación cedeu recentemente ao Concello de Lugo a vía provincial LU-P-2911, denominada Fermín Rivera, co obxectivo de permitir unha xestión máis áxil para o mantemento dos servizos que alberga esta vía e para a ordenación do tráfico rodado e peonil, nun treito que dá acceso ao Club Fluvial e á igrexa de San Lázaro.