Skip to main content
Lugo

Os mellores estudantes de FP de Galicia, xuntos en Lugo

Por 16 Xuño, 2022Sin comentarios

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou onte no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo no acto de recoñecemento aos estudantes que acadaron os mellores expedientes dos centros de Formación Profesional de Galicia, a través do programa da Universidade de Santiago de Compostela A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

Rivera Capón valorou esta iniciativa como “unha ferramenta importante, coa que a universidade pública opta por saír ao encontro dos estudantes e darse a coñecer dun xeito moderno e dinámico, o que resulta moi enriquecedor para o ámbito universitario e para o da Formación Profesional”.

O Deputado destacou o apoio da institución provincial á USC, especialmente ao Campus de Lugo, co que colabora dende o seu nacemento. “Mantemos un compromiso co ensino público, universal e de calidade como unha ferramenta imprescindible para a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento social e económico sostible e equilibrado”, asegurou Pablo Rivera.