Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra de Brollón anuncia un verán cheo de festa e cultura

Baixo o lema “Verán na Gimaralia”, o Concello da Pobra de Brollón anuncia un calendario con moreas de actuacións e actividades.

O Concello da Pobra do Brollón acaba de facer público o calendario completo de actividades que abarcarán os meses de xullo a setembro deste 2022. Coa idea de que a xente vaia tomando nota, presentaron xa as  datas de “Verán na Guimaralia”.

No vindeiro mes de xullo está fixado o Fancine de Lemos para o día 8 na Adega de Vilachá, así como tamén o 10 haberá un vermú poético no Furancho O Currio. As actividades continuarán co Camiño Creativo no Castro de San Lourenzo, en Cereixa, ou co concerto de Caldo no bar O Busto, entre outras máis.

Xa en agosto pasarán por estes encontros Antía Muíño, que actuará na praza da Peza de A Pobra o 12 de agosto, ou Show Bass que o fará o día 8 no bar Primeiro de Maio da Pobra. Asemade, tamén se iniciarán obradoiros coma o de swing no Kioskito da Pobra 0 5 de agosto, entre outros múltiples encontros e actividades.

Entrado setembro, a música e a cultura continuarán alentando da man dun variado cartel de artistas entre os cales estará Néstor Pardo, Hainas e Carta de Ajuste.