Skip to main content
BegonteCastro de Rei TERRACHÁXAComarca TERRACHÁXA

O BNG pide á Xunta que se implique na situación dos traballadores de Surexport

Por 23 Xuño, 2022Sin comentarios

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Carme Aira, impulsou diferentes iniciativas para esixir á Xunta de Galiza a cumprir coas súas obrigas e garantir a Saúde Laboral das persoas traballadoras da empresa Surexport, vinculada á produción e venda de froitos vermellos na Terra Chá.

Ante os acontecementos da pasada campaña de verán, na que diferentes organizacións sindicais como sociais denunciaron as condicións nas que se atopaban, o BNG solicitou á Xunta de Galiza que empregara diferentes mecanismos para garantir que se cumprira a legalidade.

Por isto, de novo, a deputada impulsará diferentes iniciativas para que a Xunta vele porque nesta campaña non se repitan feitos pasados, como tamén, solicita que se poñan mecanismos de control laboral, como que dende a Consellería se traslade de oficio á inspección de traballo calquera anomalía que se detecte dende o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A deputada Carme Aira explicou “de novo, existe alarma social na zona de Begonte e Castro de Rei polas condicións nas que as personas traballadoras viven ou polas condicións de traballo ás que se ven sometidas” ao que sinalou “por isto, o BNG impulsará diferentes iniciativas para facer que se cumpra a legalidade e se protexan os dereitos das traballadoras e traballadores”