Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O FSF Castro crea unha nova sección masculina de base

Por 27 Xuño, 2022Sin comentarios

O Castro FSF pon en marcha un novo proxecto para a ampliación do club no sector masculino para a próxima tempada. Polo tanto mantén aberta a inscrición para sumarse ao equipos en todas as categorías.

Polo momento anunciou que haberá equipos dende biberón a xuvenil debido á alta demanda recibida no club que conta xa cun equipo masculino na sénior.

Os interesados en anotarse poden poñerse en contacto co club no 647 803 507 preguntando por Carmen ou de luns a venres de 17 a 19 horas no 982 096 770. Tamén poden enviarse un correo a futbolsfcastro@gmail,com. O prazo manterase aberto ata o 4 de xullo.

O club, que este ano volveu bater un récor ao acadar 3 campionatos Galegos, nas categorías alevín, cadete e xuvenil e as maiores lograron facerse ademais co título nacional. As xogadoras, que tamén acumularon a Copa Deputación na categoría cadete, foron recibidas polo equipo de Goberno trala finalización da tempada.