Skip to main content
Muras

Muras volverá vibrar coas súas festas patronais esta fin de semana

Por 20 Xuño, 2022Xuño 26th, 2022Sin comentarios

Muras celebrará esta fin de semana as súas festas patronais que darán comezo o sábado 25 e que se alongarán ata o domingo 26.

O sábado, día grande haberá misa solemne pola mañá, a partir das 13.00 horas, seguida da tradicional procesión que estará acompañada polo grupo de gaitas Os Trevillas das Pontes. A sesión vermú, que terá unha maior duración, estará ao cargo do grupo Tapyöka.

A tarde estará dedicada aos máis pequenos, que contarán cunha sesión de xogos infantís, música e festa da escuma a partir das 17.30 horas.

A programación completarase a noita coa gran verbena, na que estarán dúas orquestras, Los Players e New York.

O domingo 26 a misa abrirá de novo a programación, nesta ocasión cantada pola Coral Polifónica Santo Ángel da Policía Nacional da Coruña. Non faltará tampouco a procesión seguida da consabida sesión vermú, que estará ao cargo de Salsarena, orquestra que tamén se ocupará da verbena, a partir das 22.30 horas coa que se clausurará a celebración.

O domingo pola tarde tamén haberá xogos, música, pintacaras e inchables para os nenos  a partir das 17.30 horas.

As festas están organizadas polo Concello de Muras.