Skip to main content
Vilalba

Presentan na Esmuvi a creación da Minibanda e o novo curso

Por 14 Xuño, 2022Sin comentarios

Este xoves, 16 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar unha reunión informativa aberta a todas aquelas persoas que teñan dúbidas ou preguntas sobre o vindeiro curso da Escola de Música de Vilalba (esmuvi), formen ou non parte actualmente da escola.

Entre outras cuestións, presentarase unha iniciativa na que se traballa conxuntamente coa Banda de Música de Vilalba e para a que contan co apoio do Conservatorio Profesional de Música: a creación dunha Minibanda para a que a inscrición estará aberta durante os meses de xullo e agosto e para a que se necesitan músicos de vento madeira, vento metal ou percusión.

En principio a reunión está prevista na entrada exterior do Auditorio Municipal Carmen Estévez.

VINDEIRO CURSO

Por outra parte, abriuse o proceso de inscrición para o curso 2022-2023 do alumnado que xa forma parte de Esmuvi mentres que o prazo de matrícula para alumnado de novo ingreso abrirase o vindeiro venres 17 de xuño.

O prazo manterase aberto durante todo o verán e tamén ao longo do vindeiro curso, pero a recomendación é que se consulte canto antes para non quedar sen praza, algo que sucede habitualmente nalgunhas materias concretas.

Para este curso 2022-2023 haberá algunhas novidades importantes, como colaboracións especiais coa Banda de Música de Vilalba e coa Coral Polifónica Vilalbesa, e tamén seguirán ofrecendo vantaxes para o alumnado que escolla instrumentos menos demandados, como é o caso dos de vento metal grave, e para o que curse varias especialidades, sexa na Escola de Música ou no Conservatorio.

Para calquera dúbida, pódese chamar ao teléfono da escola (722 611 471), mandar un correo electrónico á dirección acescolamusicavilalba@gmail.com ou achegarvos presencialmente ás instalacións do Conservatorio de Música de Vilalba de martes a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas.

RECITAIS

Por outra banda, a Esmuvi celebra esta semana os seus recitais de final de curso. Así o venres 17, ás 20.30 horas terá lugar o de piano, frauta, clarinete e guitarra. O sábado 18 será a vez dos alumnos de iniciación, percusión, vento metal, saxofón e guitarra.

Estas actuacións terán lugar no auditorio municipal Carmen Estébez con entrada de balde.

Haberá que retirar igual a entrada na casa da cultura ou en entradasvilalba.es.