Skip to main content
Vilalba

Forma-t estará presente en Galiforest

Por 29 Xuño, 2022Sin comentarios

Desde este xoves, 30 de xuño, e ata o 2 de xullo o Grupo Forma-t estará presente en Galiforest, punto de encontro do sector forestal para todo o Sur de Europa. Alí presentarán a¡ oferta formativa no ámbito forestal e con gran saída profesional: Aproveitamentos forestais, Maquinista forestal e Motoserrista, Prevención de riscos no sector Forestal.

Nestes momentos Grupo Forma-t está a formar a futuros profesionais de diferentes puntos de España.

A sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, a cal se celebrará do 30 de xuño ao 2 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acollerá numerosas exhibicións de maquinaria e sistemas que se repetirán en distintas ocasións ao longo dos tres días do certame, sumando en total máis de 180 demostracións. Unha cifra que supera amplamente as máis de 150 que se levaron a cabo na pasada edición.

Por outra banda, o programa de Galiforest Abanca 2022 acollerá outras exhibicións máis lúdicas, ademais de talleres, probas de produto e competicións, podendo participar os visitantes nalgunhas delas cos debidos equipamentos de seguridade.