Skip to main content
FozMar AMARIÑAXA

O BNG de Foz insta a facer cumprir a limitación de velocidade nos portos

Por 27 Xullo, 2022Sin comentarios

O BNG de Foz insta a mellorar a seguridade e facer cumprir a normativa de limitación de velocidade nos portos de e na ría de Foz. 

Os usuarios dos portos teñen unha serie de obrigas, especialmente ao respecto da velocidade, tanto no entorno do espigón como na dársena. “Asistimos ano tras ano a flagrantes incumprimentos da normativa portuaria especialmente de embarcacións de recreo non habituais nos nosos portos que con frecuencia exceden os límites poñendo en claro perigo a outras embarcacións. Mais tamén a bañistas no caso do Porto de Foz, dada a proximidade a áreas de baño”, din os nacionalistas focegos. 

Por riba, as embarcacións que incumpren os límites, afectan con frecuencia aos espazos protexidos no interior da ría. “O esteiro, na teoría, está protexido por dúas figuras de protección no marco da Rede Natura 2000 da Unión Europea: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ría de Foz e Zona de Especial Conservación (ZEC) Ría de Foz-Masma onde estas actividades están limitadas e deben ser reguladas, con vixilancia e supervisión do cumprimento das normativas ambientais e das actividades non autorizadas”, por todo o BNG de Foz propón ao Pleno instar a Portos de Galicia á vixiancia activa e efectiva do cumprimento da normativa especialmente no que ten a ver coa velocidade das embarcacións.

Propón tamén instar á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a vixiancia e cumprimento das normativas de protección ambientais na ZEPA e ZEC da Ría de Foz, e a debida supervisión en actividades non autorizadas para evitar as molestias observadas.