Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A Pontenova prepara un ano máis a súa gran paella popular

Por 23 Xullo, 2022Xullo 29th, 2022Sin comentarios

A Pontenova invita o venres 29 de xullo a degustar a súa gran paella popular que se celebrará na praza dos Fornos. Para poder participar, sería neceario inscribirse e retirar as tarxetas antes do día 27 de xullo no bar Barreiros, bar Puente, bar Lennon ou no Lar de Balbina.

Os socios do Centro de Iniciativas Turísticas que promove a cita, teñen gratis o xantar, pero deben retirar tamén as tarxetas, unha por persoa antes do 1 de agosto. A gratuidade dos socios abarca aos cabeza de familia e aos fillos menores e dependentes economicamente deles.

Os que non son socios deberán pagar 12 euros. O Concello da Pontenova colabora coa iniciativa, que comezará ás 22.00 horas na Praza dos Fornos.