Skip to main content
A Pontenova

A escultura da troita máis grande do mundo xa loce na Pontenova

Por 24 Abril, 2024Abril 25th, 2024Sin comentarios

Carlos Florentino David.

A Pontenova xa pode presumir de ter a escultura da troita que se posiciona como a máis grande do mundo. O grafiteiro Diego As foi o encargado de aportarlle o toque de color á peza, que se inaugurará o vindeiro día 30 para abrir a Festa da Troita, organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova.

Na peza do animal acuático traballaron dez estudantes de Soldadura e Caldeirería do IES do municipio. Concretamente, Blanca Antonela Encina García, Román Sanjulián Fernández, María Filipe Acebrás, Andrés Lorido Louzao, Javier Paraje Lousas, Rubén Pérez Ríos, Martín García Quintana, Fernando Prieto Ferrería, Sergio Rodríguez Elvira e Fabián Soto Fernández foron os encargados de facer a peza.

Trátase dunha escultura de case 9 metros de longo, realizada a escala dunha troita de verdade. E todo parece indicar que van a poder desfrutar dela durante moito tempo, pois aplicáronlle dúas capas de imprimación para que non se oxide e dure o máximo posible. Diante desta escultura, que se converterá nun símbolo de identidade máis do concello, colocarase un letreiro co nome do municipio, que se prepara para recibir pescadores de todo España para participar no X Concurso de Salmón, XVI Concurso Internacional de Mosca e no XLIV Concurso Popular.