Skip to main content
Viveiro

Viveiro adhírese a un programa para implantar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Por 27 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro adheriuse a un programa para implantar no municipio de forma progresiva os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Como primeiro paso, a entidade encargada do desenvolvemento do programa puxo en marcha unha enquisa de participación pública para coñecer a opinión dos veciños e veciñas de Viveiro sobre diversos aspectos relacionados co desenvolvemento do municipio. Pódese participar aquí: https://forms.office.com/r/iheDF16Q7X 

Posteriormente, haberá unha fase de elaboración do Plan Municipal de Implementación dos ODS, con accións concretas para a súa posta en marcha durante tres anos.

O concello disporá dunha ferramenta para o seguimento do plan e a medición do impacto, establecendo indicadores concretos para cada un dos 17 ODS.

A Axenda 2030 está concebida como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través dos 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible. 

Mais, a pesar de ter esa ambición global, trátase en esencia dunha axenda centrada na actuación local, empregando as institucións mais próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.