Skip to main content
Baralla

Baralla comeza o venres o seu ciclo de cinema ao aire libre

Por 20 Xullo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O concello de Baralla inaugura co filme Cuñados, que se proxectará este venres 22 de xullo as 22:30h na Area recreativa Manuel González Capón, o ciclo de cinema de verán ao aire libre.

Esta exitosa comedia protagonizada, entre outros moitos, polos coñecidos e populares actores Xosé Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rei será o punto de partida para as cinco películas que ten programadas o concello durante os meses de xullo e agosto.

Os próximos filmes programados son Live is Life para o venres 29 de xullo as 22:30h na Praza de Baralla, A todo tren o venres 5 de agosto as 22:30h na Praza de Baralla, Aquaman o venres 12 de agosto na Area recreativa Manuel Gonzalez Capón e Valentina o domingo 14 de agosto na Area recreativa Manuel Gonzalez Capón.

Un plan diferente para desfrutar destas películas en familia e totalmente de balde.