Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

O Concello do Corgo organiza un cinema ao aire libre co filme ‘Cuñados’

Por 9 Xullo, 2022Xullo 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, presenta a súa programación cultural de verán para toda a veciñanza, na que destaca como primeiro prato a proxección nocturna ao aire libre da película Cuñados. O acto terá lugar o vindeiro sábado 23 de xullo, a partir das 22.30 horas, no incomparable e monumental Campo da Feira de Adai.

Este fermoso marco cultural municipal será o privilexiado palco no que se proxectará a exitosa comedia con denominación de orixe Cuñados, protagonizada, entre outros moitos, polos sobradamente coñecidos e moi populares actores Xosé Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rei.

A asistencia a esta xornada de cinema ao aire libre é totalmente libre e gratuíta.

Dende o Goberno local animan á veciñanza a xuntarse no campo da feira de Adai para “pasarmos un agradable serán, recuperando esta boa oportunidade de convivencia entre moitos risos e complicidades”.